O 20 de novembro terá lugar no Vicedo a primeira concentración de coches clásicos, que organiza o Club local.

O Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.

Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar. 

Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas.