O CCA de Foz organiza unha nova edición do Campañazo para os venres 10, 17, 24 e 31 de xaneiro. Hai 2.400 euros en premios e participan 40 establecementos.

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. Hai 2.400 euros en premios, que son vales de compra, e participan 40 establecementos focenses.

Os sorteos realizaranse a partir das 23:00 horas a través de Radio Foz (107.4 FM) en directo. Para participar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros participantes e desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participan nesta campaña e entre o resto de participantes con cartóns premiados repartiranse outros 300 euros en vales”.

Os establecementos comerciais participantes neste Campañazo do CCA focense son Alain Afflelou Óptico, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estanco Nº 2 (García Lorca), Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, MRW, N1 en Zapatillas Foz, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.

E participan os seguintes establecementos hostaleiros: A Viela, Acuario, As Brasas, Casa Damián, Happy Days, O Lar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro, Xoyma e Yoglio.