O Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que se desenvolverán do 19 ao 26 de maio.

O Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio. 

Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos. 

O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas. 

As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil dirixido ao público familiar, a nenas e nenos de 5 a 12 anos. O Principiño de Madagascar é o contacontos que ofrecerán  Raquel Galavis, Álvaro Sanz e Toni Arbones. 

Para todas estas actividades a entrada é gratuíta.