O X Campus de Verán de Patinaxe Artística en Foz celebrarase do 26 ao 30 de xuño. O prazo de inscrición está aberto.

A décima edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística en Foz, que se celebrará do 26 ao 30 deste mes foi presentado hoxe. No acto participaron a concelleira focense de Xuventude e Deportes, Mercedes González; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do campus, Rebeca Díaz.

O campus, que está organizado polo Concello de Foz e Escolas do Deporte, é de iniciación e perfeccionamento e está dirixido a maiores de 4 anos de idade. A organización explica que esta iniciativa “ofrece, ademais dos aspectos específicos da patinaxe artística, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes, ao mesmo tempo de formarse, gocen das praias, de actividades na natureza e de animación e de excursións culturais”.

O prazo de inscrición está aberto ata este domingo, día 18, e os interesados deben contactar coa organización a través dos teléfonos 686.105.917 o 636.504.155. As prazas son limitadas.