A oficina de turismo de Foz abrirá do 3 ao 8 de abril, con motivo da Semana Santa, para atender a afluencia de visitantes.

O Concello de Foz anuncia que a Oficina de Turismo ampliará o seu su servizo para atender aos visitantes que se acheguen ao concello focego a disfrutar da Semana Santa. Abrirá do 3 ao 8 de abril. 

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “despois de dous anos de pandemia, cun descenso significativo no número de visitantes, neste Semana Santa prevese unha gran afluencia de visitas polo que é necesario reforzar o servizo”. E especifica que “a oficina abrirá durante a semana do 3 ao 8 de abril, ambos días incluídos, en horario de luns a mércores de 09:00 a 14:00 horas; e xoves, venres e sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.

Chema Linares tamén anuncia que “o Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo 9 de 10:30 a 13:00 horas. Os que visiten Foz poden informarse tanto na oficina de turismo como neste punto de información da Basílica. Ademais as persoas interesadas poderán concertar calquera das tres visitas guiadas diarias á Basílica establecidas: ás 10:45, 13:15 e 19:15 horas, previa cita no teléfono 982.13.26.07”.