Os días 13 e 14 de maio celebraranse obradoiros de baile de swing en Ribadeo. Tamén haberá un concerto e festa.

A programación da Concellaría de Cultura inclúe a celebración de obradoiros de swing os días 13 e 14 deste mes de maio. O programa denominado SwingEo 2017 inclúe talleres de baile e un concerto.

O sábado darán comezo os obradoiros de baile cun horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. A actividade de lindy hop nivel iniciación será impartida por Carlos Tomico e Lucía Cameselle. Tamén o sábado terán lugar obradoiros de baile de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de lindy hop nivel perfeccionamento con John Scott e Julia Roig.

O programa do sábado rematará cun concerto dos Muskrat Rumblers a partir das 23:00 horas e baile no Teatro. Ademais desde a 1:00 horas haberá Festa Swing nos locais de Ribadeo.

O domingo, 14 de maio, celebrarase unha clase aberta de baile de blues no Cantón entre as 13:00 e as 13:30 horas. Despois haberá un baile social tamén no Cantón de 13:30 a 14:30 horas.

Desde a Concellaría de Cultura indican que “aínda que xa non quedan prazas para o obradoiro de perfeccionamento para bailar swing, si as hai para iniciación. Pódese escoller facer a primeira parte (o sábado de 12 a 14 horas) ou acudir tamén ás dúas horas da tarde. En todo caso, sabede que as persoas que vos anotedes tanto aos obradoiros como para participar na clase aberta do domingo tedes de balde a entrada ao concerto dos Muskrat Rumblers”. 

Sobre esta actividade pódese obter máis información e facer as inscricións en swingeoswingeo@gmail.com e en Facebook: SwingEo.