Trinta e catro negocios participarán en Foz do 20 ao 22 de xullo na nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA.

AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará do 20 ao 22 de xullo.

Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 34 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.