A Uned-Aula Universitaria de Foz organiza no segundo trimestre do ano actividades sobre a memoria histórica, a robótica ou o photoshop.

A UNED-Aula Universitaria de Foz organiza varios cursos e outras actividades durante o segundo trimestre do ano. Foron presentados polo coordinadora do centro, Fuensanta Otero Beltrán, e polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e versarán sobre asuntos como a memoria histórica, o buceo, o Photoshop, a robótica e o maltrato infantil.
Fuensanta Otero anunciou: “temos tres tipos de actividades culturais ao longo deste trimestre. Unha delas é a recuperación da memoria histórica sobre a guerra civil española, outra é un curso de buceo e a última é un curso sobre o color; xa levábamos tempo impartindo cursos de debuxo e os alumnos estaban moi interesados polo de color. Tamén temos unha actividade de Photoshop e dous talleres de robótica, un máis básico e outro de perfeccionamento”.

Finalmente a coordinadora da aula universitaria da UNED en Foz salienta que “a última actividade que temos é un curso de diagnóstico, prevención e tratamento do maltrato infantil”.

O cinefórum pola recuperación da memoria histórica sobre a guerra civil española levarase a cabo no salón de actos do IES de Foz os mércores do 26 de abril ao 21 de xuño de 17 a 21 horas.

O curso de buceo OWD e técnicas de muestreo subacuático desenvolverase do 20 ao 24 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 19. As prazas son limitadas a 10 persoas. En canto ao curso El color de los colores será os mércores 19 e 26 de abril, 3, 10 e 31 de maio, 14, 21 e 28 de xuño de 18 a 20:30 horas. O de diagnóstico, prevención e avaliación do maltrato infantil será os días 16 e 18 de maio de 16 a 20 horas. O de iniciación a Photoshop levarase a cabo os luns e xoves do 12 ao 28 de xuño de 18 a 21 horas. E haberá dous cursos de programación con Arduino-Robótica, un será os días 3 e 10 de maio de 16:30 a 20:30 horas e o outro desenvolverase os días 14 e 21 de xuño no mesmo horario.