Viveiro homenaxea ao poeta Carlos Oroza o 10 de setembro. Será na sala multiusos do Concello.

Viveiro acolle unha homenaxe ao recoñecido poeta viveirense Carlos Oroza, falecido en 2015. Será este domingo día 10 de setembro. 

O evento constará de dous actos principais, organizados polo Concello de Viveiro, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro e a asociación Évame Oroza. Por unha banda, a presentación do libro recompilatorio ‘Évame’, na sala multiusos do Concello ás 12:30 horas. E por outra parte ás 19:00 horas na praciña Carlos Oroza, na avenida de Lourdes, terá lugar a inauguración dunha placa conmemorativa do ceramista Otero Regal. Esta estará acompañada por un recital poético, unha actuación musical e outras actividades en lembranza do escritor.
 
Esta homenaxe chega despois de que en agosto Viveiro acollese unha exposición nos xardíns Noriega Varela con motivo do centenario do nacemento de Carlos Oroza, en 1923.
 
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinala que Carlos Oroza “é un dos veciños máis ilustres da nosa vila, polo que resulta imprescindible continuar a reivindicar o seu gran legado poético”.