O Campañazo do CCA de Foz repartirá 2.400 euros en vales de compra durante o mes de novembro. Na cita participan 60 establecementos asociados.

 
En novembro chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Cada venres, os días 4, 11, 18 e 25, destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. 
 
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite. 
 
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. 
 
Os que reparten os cartóns son: 100 P’S calzado y complementos, Alain Afflelou, asesoría Marcos Fernández, pastelería Anduriña, calzados Pirde, carnicería Mercedes, Carola Moda, Casa Moreda, Cenor Belianorte, centro dietético Alba Vila, centro óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao (produtos ecolóxicos), Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco Nº 2, farmacia Antonia Ulloa, farmacia Fátima Saa, ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola outlet, Kukadas, La Flor Abulense 2, La Gardenía Floristería, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Moda Íntima, Mapfre, María Docampo Moda, MRW Foz, Ofifoz, Parafarmacia Foz, pastelería Amarena, pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz, Viajes Rodríguez e Xanela agasallos e complementos. 
 
E os locais nos que se pode seguir o Campañazo todos os venres de novembro son: A Viela, Acuario, As Brasas, Express, Happy Days, Mayros, Casa Maño, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, pizzería Xoiña, Dandy, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón e Xoyma.