O Fumarel, en Ribadeo, acolle este luns, 14 de decembro, un debate electoral organizado por Radio Voz A Mariña. A cita é aberta ao público.

O Fumarel, en Ribadeo, acolle este luns, 14 de decembro, un debate electoral organizado por Radio Voz A Mariña. A cita é aberta ao público.
 
Este luns, 14 de decembro, en Ribadeo, no Fumarel (Rúa Doutor Moreda, 4) terá lugar o debate electoral organizado por Radio Voz A Mariña. Desenvolverase entre as 11 e as 12 e será de asistencia libre. 
 
Os participantes son: Jaime de Olano, nº2 ao Congreso polo PP; Ricardo Varela, nº 1 ao Senado polo PSOE; Olalla Rodil, nº1 ao Congreso por Nós-Candidatura Galega; José Manuel Pérez Afonso, nº 3 ao Congreso por En Marea; e Manuel Vicente, nº 3 ao Senado por Ciudadanos.  
 
O debate será moderado por Félix Jorquera. E no mesmo analizarán temas como as infraestruturas, a pesca, o agro, o turismo, o emprego ou a política social.