Son's Varadero

14/08/2026

Este sábado, día 15 de agosto, celébrase o Día de Mondoñedo en Foz, evento que organiza o grupo musical focego Son’s Varadero.

As actividades comezarán ás 20 horas no salón de actos do Isla Nova Hotel cos pregóns a cargo de Valentín Insua Palacios, campaneiro da catedral de Mondoñedo, e Cristina Fraga Novo, mestra de Foz. Da presentación encargarase o xerente do Isla Nova Hotel, Pepe García Rivera.

Ás 22 horas haberá un concerto de Son's Varadero e tamén actuará un grupo de gaitas.