Cine

Etiquetas:
21/04/2015
Este venres, 24 de abril, proxectarase en Lourenzá a película "Tristeza na herba", dirixida e con guión de Pepe Peinó. A entrada é gratuíta.
 
O salón de actos da Casa do Concello acollerá o venres a proxección dunha película de Pepe Peinó e o domingo haberá unha representación teatral a cargo da compañía Trípode. Son actos organizados pola Concellería de Cultura.
A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que “queremos despedir este mes de abril o vindeiro fin de semana cunha programación que inclúe unha proxección de cine e unha obra teatral. Trátase da proxección da película Tristeza na herba, dirixida e con guión de Pepe Peinó, que é unha persoa moi coñecida no mundo cultural da Mariña e que soe colaborar con nós cada vez que se lle pide. De maneira altruísta tamén nos trae a proxección da súa película recentemente estreada. Será este venres, 24 de abril, ás nove da noite no salón de actos con entrada...
leer más
17/04/2015
O 24 de abril estrearase en Burela a curtametraxe "Cara a cara". A proxección forma parte dun proxecto da Concellería de Igualdade.
 
O vindeiro venres, 24 de abril, terá lugar a estrea da curtametraxe Cara a cara. Será a partir das 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. 
Dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade explican que “no mes de novembro púxose a andar un proxecto do cal agora estamos a recoller os seus froitos. O 5 de novembro convocamos aos mozos e mozas de Burela para participar nun proxecto de prevención contra a violencia de xénero. Tratábase dun casting para a posterior gravación dunha curtametraxe. E esa curtametraxe será a que se estree o vindeiro 24 de abril”.
A Concellería de Igualdade enviou cartas informativas a todas as asociacións de Burela convidándoas a asistir a esta proxección. 
... leer más
17/03/2015
O sábado, 21 de marzo, estréase en Ferreira do Valadouro unha nova película de Caolipe Producións. Trátase de "Tristeza na herba".
 
Este vindeiro sábado, día 21 de marzo, ás 19 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, vai ter lugar a estrea dunha nova película de Caolipe Producións. 
O novo traballo cinematográfico titúlase "Tristeza na herba". Está dirixida por Pepe Peinó e protagonizada, entre outros, por Miriam Vivero e Dimas Fernández (Directores e Profesores da Escola de Baile "Goldance"), por Eva Rubio, Eva Fernández, Ana Belén Val, Sandra López-Leitón, María Quirós, Antonio Jesús Lorenzo "Cachín" e ata un total de máis de cincuenta actores, entre protagonistas e figurantes, a maioría do Val do río Ouro, tanto de Alfoz como do Valadouro. 
A nova película contará coa colaboración especial de Suso Fernández "Suso do Bahía",...
leer más
Etiquetas:
10/03/2015
O domingo, 15 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo proxectarase o documental "Por que non cantades todas". A actividade está organizada polo CIM e pola Concellaría de Igualdade.
 
A Concellería de Igualdade e o CIM organizan dentro da programación conmemorativa do 8 de marzo, que desenrola durante todo este mes, unha proxección e posterior coloquio sobre o documental Por que non cantades todas. A cinta xira arredor do papel da muller na música tradicional.  Esta actividade será no Cine Teatro o vindeiro domingo, 15 de marzo, ás 19 horas. A entrada é libre.
A edil Mariluz Alvarez Lastra sinala que “este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra, na serra do Candán, que se estende polos concellos pontevedreses de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Amosa a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como ponte entre dous momentos, o pasado e o presente. A música como memoria, experiencia e convivencia. O...
leer más
Etiquetas:
10/03/2015
Un documental italiano e unha curtametraxe palestina pechan este mércores, 11 de marzo, o ciclo de cine árabe en Viveiro.
 
Este mércores, 11 de marzo, remata o ciclo de Cine árabe para o mundo que o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira, en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectou dentro da súa programación cultural de inverno.
O documental “Shooting, Muhammad” de Francesco Cannito e Luca Casani (Italia, 2009) e a curtametraxe “Shwesh,Suez” de Riyad Deis (Palestina ,2009 ) pecharán o ciclo de películas sobre Palestina que se proxectaron durante os tres primeiros meses do ano no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
“Shooting Muhammad” conta a historia dun refugiado palestino de 21 anos que cada mañá,colle o autobús para asistir á universidade israelí situada nun asentamento de Cisxordania. El é o único estudante...
leer más
Etiquetas:
02/03/2015
Ata o 21 de marzo celébrase en Alfoz e no Valadouro o 3º Festival de Cine, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro.
 
Os días, 7, 14 e 21 de marzo seguirá en Alfoz e no Valadouro o 3º Festival de Cine, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro en colaboración cos dous Concellos do val e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O 7 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz a partir das 19:00 horas proxectaranse: Koan, Chamábanlle Feáns, Da man da raíña vermella  e Encallados. 
O 14 de marzo ás 19 horas na Casa da Cultura de Alfoz poderase ver Polos camiños de Leiras. 
E o 21 de marzo tamén ás sete da tarde na Casa da Cultura de Ferreira proxectarase Tristeza na herba. 
O 3º Festival de Cine deu comezo o pasado 28 de febreiro coa proxección de sete curtametraxes....
leer más
Etiquetas:
22/02/2015
Este mércores, 25 de febreiro, seguirá en Viveiro o ciclo de cine #Palestina organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O vindeiro mércores, 25 de febreiro, e dentro do ciclo de cine #Palestina que organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos, actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”, ( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin...
leer más
Etiquetas:
19/02/2015
A Esmorga, de Ignacio Vilar, proxectarase este venres e este sábado, 20 e 21 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela.
 
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado. 
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar. 
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”. 
 
Etiquetas:
09/02/2015
Este mércores segue en Viveiro o ciclo de cine #Palestina, organizado por Pensamento e Sementeira. Será con dúas proxeccións no IES María Sarmiento.
 
O documental “Esta é a miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”,  Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres” de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en Viveiro na segunda sesión do ciclo #PALESTINA o vindeiro mércores, 11 de febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, e patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén desenvolvéndose  no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o aforo.  
 
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira “o documental de  Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos...
leer más
Etiquetas:
10/12/2014
Este venres o Cine Teatro de Ribadeo acollerá a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino do Concello. Máis de 200 alumn@s participan nesta nova edición.

 

O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.