San Silvestre

17/11/2015
A inscrición na San Silvestre 2015, que organizan o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, estará aberta do 19 de novembro ao 25 de decembro.
 
O Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo organizan un ano máis a Carreira de San Silvestre para despedir o ano 2015. Será, como manda a tradición, o 31 de decembro e haberá distintas categorías en función da idade dos participantes. A proba absoluta comezará ás 17 horas. 
As saídas para as categorías inferiores están previstas deste xeito: ás 16:40 horas a Mini San Silvestre (100 metros, para menores de 4 anos) e ás 16:45 horas a Mini San Silvestre, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, cun percorrido de 400 metros. 
A milla, para nenos de entre 8 a 11 anos, sairá as 16:50 horas e finalmente ás 17 horas comezará a San Silvestre absoluta, na que poden participar as persoas maiores de 11 anos. Son 5.000 metros de percorrido. Como...
leer más
08/12/2014
Aberta a inscrición para participar na carreira San Silvestre Ribadeo 2014. O 31 de decembro a proba absoluta dará comezo ás cinco da tarde. A proba está organizada polo Concello e pola Deputación Provincial de Lugo.
 
Xa está aberta a inscrición para participar na San Silvestre Ribadeo 2014, que organizan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo. As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16:40 horas e a proba absoluta será ás 17 horas, unha vez finalizada a carreira das categorías inferiores. 
O percorrido da mini San Silvestre terá unha lonxitude de 400 metros aproximadamente e discorrerá arredor do parque de San Francisco. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
No caso da milla a distancia será de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo: saída entre os parques, da...
leer más