O grupo de teatro O Centiño presenta "El Guindilla" o 5 de outubro na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.

O grupo teatral O Centiño de San Martiño actuará este sábado, 5 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.

O Centiño porá en escena El Guindilla, a historia dun superhéroe amante de facer xustiza e axudar aos débiles e oprimidos. El Guindilla é tamén un héroe fallón e metepatas que tan pronto as dá como as recibe. Os espectadores poderán ademais visitar os estudos de televisión de Teleparrucha, cantar as cancións de Jacky e Pinky e rirse coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.