
O Concello de Cervo programa unha nova edición dos campionatos de tute e de parchís, con motivo do Día do Xubilado. As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar dende o próximo luns, día 24 de marzo.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata este venres, día 21, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
O encontro informativo para preparar o desenvolvemento dos campionatos terá lugar este venres, 21 de marzo, ás 12:00 horas na Casa do Mar.