Nois, en Foz, celebra a Festa das Flores os días 17 e 18 de maio

A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará a Festa das Flores esta fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de maio.

As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas. No descanso haberá sorteos sorpresa.

E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne e procesión ao redor da capela do Socorro. Despois haberá sesión vermú do dúo Estrella

Organiza esta festa a Asociación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que haberá carpa.