O Club Deportivo Alfoz organiza unha churrascada para este sábado, 24 de maio

Como peche da tempada 2024/25 o Club Deportivo Alfoz organiza unha churrascada popular este sábado, día 25 de maio.

Será no Campo Municipal de Alfoz a partir das 20:00 horas.

O prezo é de 10 euros para os socios do CD Alfoz e de 15 euros para as persoas que non pertencen ao club. E para participar hai que reservar previamente.