
O Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un obradoiro infantil de debuxo que se desenvolverá o día 30 de maio, venres, ás 18:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Será impartido polo debuxante Cristian F. Caruncho.
“Teremos a Cristian F. Caruncho connosco para desenvolver un obradoiro de debuxo o venres 30 de maio na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Para as que non o coñecedes Cristian é o ilustrador do xa famosísimo libro Saínza, a punkiereteira. Botádelle un ollo, deixádevos sorprender e animádevos a achegarvos a esta actividade coas vosas fillas, fillos, netas, netos ou aquelas crianzas achegadas que queiran aprender e gozar do debuxo”, explica Pensamento e Sementeira.
Esta actividade, para nenas e nenos de 7 anos ou máis, é de balde pero é necesario inscribirse previamente porque as prazas son limitadas.