
O complexo cultural Regal Xunqueira, no concello de Viveiro, acolle a exposición fotográfica titulada Palabra e Memoria ata o día 12 de xuño. É unha mostra en imaxes sobre o incremento do uso do galego nas inscricións funerarias con fotografías da fotoxornalista Pepa Losada, María Mon Geada e Aida López.
A iniciativa de educación social Palabra e Memoria é unha exposición fotográfica que recolle diferentes epitafios de cemiterios da Mariña; inaugurada en Burela no mes de xuño de 2009, por iniciativa do cura Ramón Marful e con imaxes da fotoxornalista Pepa Losada, a mostra ampliouse con fotos de María Mon Geada e Aida López e percorreu varias localidades da Mariña antes de pasar polo Museo do Pobo Galego e polo Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.