O concello de Cervo acollerá o II Campionato Galego e Interautonómico de Kung Fu este sábado, 14 de xuño

O concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  II Campionato Galego de Kung Fu e o II Interautonómico desta mesma disciplina, este próximo sábado, 14 de xuño.

A tenente de alcaldesa Mali Méndez presentou o evento acompañada do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño do municipio.

Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid.

A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou (combate). Ademais na modalidade de Tao Lu haberá competición individual e por parellas.