
Este venres, día 20 de xuño, ás 22:00 horas a Praza do Náufrago, de Celeiro (Viveiro), acollerá a representación da obra titulada Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, do Centro Dramático Galego e dirixida por Mariña Lestón.
“Un espectáculo inmersivo que mestura teatro, música en directo e imaxes audiovisuais para reflexionar sobre os naufraxios e a vida do mar en Galicia. Entrada libre. Actividade para público adolescente e adulto. En caso de que chova o espectáculo desenvolverase na Casa do Forno”, anuncia o Concello de Viveiro.