Literatura
Estas terán lugar mañá, 11 de xuño, na biblioteca do IES Perdouro, e contarán coa participación da alcaldesa, Carmela López, e o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, así como das traballadoras do CIM e a Área de Inmigración do Concello
A inauguración do encontro, no que se traballará a obra 'Siríaco e Mr. Charles' de Joaquim Arena, está prevista para as 10:15, coa intervención do estudante Isaac Sosa, orixinario de Cabo Verde e que chegou a Burela despois de pasar por Francia.
Seguidamente tomará a palabra a profesora Vanessa Vila-Verde, en representación da comisión organizadora do evento, e tamén a alcaldesa Carmela López e o escritor homenaxeado Joaquim Arena.
O autor participará por vídeo-conferencia desde Lisboa, onde acaba de tomar parte da Feira do Libro da capital portuguesa. Ás...
leer másA Librería Bahía de Foz organiza este xoves, 5 de xullo, un encontro artístico literario entorno aos relatos de Lola Illamel publicados no libro Donde no me esperas.
A actividade dará comezo ás 20:30 horas e nela participarán coas lecturas dos textos de Lola Illamel: Mónica Amado, Ali Eldridge, Carlos Gallo, Ana Martín e Jacinta Martín. Ademais intervirán Felipe Sánchez coa música e Katova coa obra plástica.
Os relatos e a obra plástica combínanse neste encontro con música e lectura dramatizada. A serie plástica Donde no me esperas de Katova estivo exposta na Semana das Artes Plásticas da Mariña 2018.
O diálogo entre os textos de Lola Illamel, as obras de Katova e a música adéntranse nos labirintos das relación humanas. Trátase dun duelo entre dúas mulleres atadas polos vínculos dos...
leer más