
Viveiro celebrará as festas na honra a San Pedro os días 27 e 28 de xuño, venres e sábado desta semana.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú co grupo M3 e o dúo D'Caché Music. Ademais terá lugar un xantar popular e haberá lanchiñas e inchables gratis. Despois da comida o baile estará amenizado polo dúo D'Caché Music. E pola noite na verbena actuarán os grupos M3 Show e Arizona.