A Espiñeira (Foz) celebra a súa 3ª Torresmada Popular este sábado, 5 de xullo

A asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira (Foz), organiza a terceira edición da súa Torresmada Popular este sábado, 5 de xullo.

O evento comezará ás 20:30 horas no Campo da Feira da Espiñeira, onde haberá degustación de torresmos de porco celta, panceta, chourizos, patacas fritidas, pan, viño ou auga. O prezo en venda anticipada (ata o 2 de xullo as 00:00 horas) é de 10 euros e despois dese día custará 12 euros.

A festa estará amenizada por AFC A Subela, de Roz, a Charanga Os Sureños e Eventec Disco Móvil.