
O 6 de xullo segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo a cantante asturiana Sara Cangas actuará na rúa Amando Pérez a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Estamos xa metidos de cheo no verán con infinidade de actividades na rúa, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.
O Domingueo en Ribadeo, que arrincou o pasado mes de abril, tomará agora un descanso ata despois do período estival.