Con motivo da Festa da Maruxaina a piscina de Río Cobo (Cervo) acollerá unha actividade acuática o 7 de agosto

O Concello de Cervo anuncia que “a piscina de Río Cobo será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina: Experiencia Sereas e Tritóns. O xoves 7 de agosto para crianzas de 6 a 13 anos”.

As persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 629.08.35.48 para inscricións e información.

É unha actividade organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.