A violinista Leticia Moreno actúa na fábrica de Sargadelos (Cervo) o 19 de agosto

A violinista Leticia Moreno actúa na fábrica de Sargadelos, no municipio de Cervo, o día 19 de agosto, martes, ás 20:30 horas.

“Chega o Festival Bal y Gay ao noso concello. Leticia Moreno é unha das violinistas máis emocionantes e versátiles da súa xeración. Xunto a Uxía Martínez Botana (contrabaixo), Juan Quentin (piano) e Claudio Constantini (bandoneón) presentará unha proposta acorde ao espazo, que aposta pola tradición cunha mirada cara a modernidade”, anuncia o Concello de Cervo.