Viveiro acollerá a exposición “Misión: Afganistán” do 18 ao 28 de setembro

O día 18 de setembro, xoves, ás 12:00 horas na Casa do Concello de Viveiro inaugúrase a exposición fotográfica titulada Misión: Afganistán, organizada pola Subdelegación de Defensa en colaboración co Concello. Estará aberta ao público ata o 28 de setembro.

“Un percorrido a través de 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e material que amosan o traballo das Forzas Armadas españolas en Afganistán entre 2001 e 2014: asistencia sanitaria, seguridade, loxística, relación co pobo afgán; e, sobre todo, o compromiso coa paz e a seguridade”, anuncia o Concello de Viveiro.

A entrada é libre e poderá visitarse de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.