O club de lectura da Biblioteca Pública do Concello de Barreiros retoma a súa actividade este sábado, 20 de setembro

Tras o parón do verán, o club de lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros retoma a súa actividade cunha nova xuntanza este sábado, día 20 de setembro, ás 12:00 horas na propia biblioteca. A publicación escollida para esta sesión é O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.

“Seguimos contando coa escritora mariñá Antía Yáñez, que será a encargada de coordinar e conducir o club unha tempada máis. Adiantámosvos tamén que, durante o parón estival, sumáronse novas incorporacións e actualmente xa somos 18 persoas compartindo lecturas e conversas. Se ti tamén estás interesado/a en unirte para desfrutar da literatura en boa compañía, achégate a biblioteca municipal en horario de 9:30 a 14:30 horas; alí facilitaranvos máis información e resolverán as vosas dúbidas”, anuncia o Concello de Barreiros.