
A parroquia ribadense de Piñeira celebra as festas do Santo Cristo esta fin de semana, sábado 11 e domingo 12 de outubro.
As actividades comezarán o sábado ás 22:00 horas coa verbena, na que actuarán as orquestras Capitol e Compostela. E haberá espectáculo de fogos artificiais ás 00:00 horas.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Ribadeo; despois haberá procesión co cuarteto Illa Pancha e sesión vermú a cargo de Los Adrianos, con xamón cocido e empanadas de balde.
Os organizadores destacan: “dispoñerase de carpa, amplo aparcamento e colchonetas de balde para os máis pequenos”.