Ubú Teatro presenta este venres, 17 de outubro, en Cervo a obra “O vixilante dos soños”

A compañía Ubú Teatro presentará en Cervo a obra titulada O vixilante dos soños. Será este venres, día 17 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Concello.

“Este venres temos unha nova cita teatral para todos os públicos! A compañía Ubú Teatro preséntanos a súa obra O vixilante dos soños, unha proposta chea de imaxinación e emoción que fará soñar a grandes e pequenos”, anuncia o Concello de Cervo.

A entrada é libre ata completar a capacidade do salón de actos.