
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 25 e 25 de outubro. O sábado farán a ruta Senda de Peñalba, que ten unha distancia de 14 quilómetros e é de dificultade baixa. E o domingo percorrerán a ruta de Hayedo de Busmayor, cunha distancia de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 06:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de outubro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.75.17.04. O prezo é de 120 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 130 euros para as que non o son. As prazas son limitadas e o prezo inclúe desprazamento ida e volta, xantar de mediodía do sábado e o domingo, cea do sábado, pernoita da noite do sábado e almorzo do domingo (no mesmo lugar que se durme).