Bátega Teatro presenta en Cervo o espectáculo infantil e familiar “Divers@s” este venres, 7 de novembro

Este venres, día 7 de novembro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo representarase a obra infantil e familiar Divers@s, da compañía Bátega Teatro. Con entrada libre ata completar aforo

O Concello de Cervo explica que é “unha proposta de narración oral teatralizada que combina maxia, música e emoción para transmitir valores de diversidade e convivencia. Dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos, cunha duración aproximada de 55 minutos. Un espectáculo cheo de personaxes que nos convidan a reflexionar sobre a aceptación, a felicidade e o respecto polas diferenzas”.