O grupo británico The Mike Ross Band actúa en Ribadeo este sábado, 8 de novembro

O grupo británico The Mike Ross Band actuará en Ribadeo este sábado, día 8 de novembro. Será no Cine Teatro ás 22:30 horas.

As entradas poden comprarse anticipadamente na web  vendavalfest.com/galineiro (a 8 euros) ou en taquilla (a 10 euros).

Esta actuación está organizada pola asociación ribadense Catro Caños, que tamén promove o Vendaval Fest. Anuncia que é o primeiro concerto do segundo ano do Galiñeiro e engade: “tras gozar do primeiro ciclo de concertos no cine teatro cunha fantástica acollida, estreamos segunda volta co rock blues sureño dos británicos The Mike Ross Band”.