
EducaTeatro Producións ofrecerá o musical infantil Os tres porquiños en Viveiro este sábado, día 15 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.
Este espectáculo ten unha duración de 50 minutos e está dirixido ao público infantil a partir de 2 anos de idade.
Está dirixido por Luís Crespo e o elenco artístico está formado por: Paulo Medal, Leonor Sangabriel, Alicia Rodríguez, Nicolás Martínez e Ademar Silvoso.
O Concello de Viveiro explica que “Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir”.


