No II Ciclo de Teatro en Bravos (Ourol) haberá funcións os días 27 de decembro, 17, 24 e 31 de xaneiro

Chega o II Ciclo de Teatro a Bravos, no municipio de Ourol, organizado pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, que anuncia: “unha nova edición chea de humor, emoción e boas historias para gozar en comunidade durante o Nadal e o mes de xaneiro. Funcións os días 27 de decembro, 17, 24 e 31 de xaneiro. Ao longo destas datas pasarán polo noso escenario: Grupo de Teatro Sr. López, coa obra A viaxe do Sr. López; Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa obra Aire fresco; Grupo de Teatro Antas de Ulla, coa obra Catro cortos nun banco; e Grupo de Teatro Aturuxeiros, de Bravos, coa obra Vaia co pronóstico”.

As representacións serán no Local Social de Bravos e todas comezarán ás 18:00 horas.