Rebuldeira Teatro presenta na Pontenova a obra “@s vell@s non deben namorarse” este sábado, 20 de decembro

O grupo Rebuldeira Teatro, de Sarria, presentará na Casa da Cultura da Pontenova a obra titulada @s vell@s non deben namorarse. Será este sábado, día 20 de decembro, ás 17:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Lume Escénico, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.