
A XXXV San Silvestre reunirá en Ribadeo a 995 corredores e corredoras o vindeiro 31 de decembro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “estamos diante dunha participación de auténtico récord na San Silvestre, de Ribadeo, feito que nos alegra. O prazo de inscrición estivo aberto desde o 17 de novembro ao 25 de decembro e o que queda claro é que ninguén quere perder esta cita coa que despediremos o ano 2025 dun xeito saudable e facendo deporte todos xuntos”.
A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos partirá ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos.
Para as 17 horas está prevista a saída da San Silvestre desde o parque de San Francisco. Haberá premios en metálico e trofeos para os gañadores e gañadoras, realizados pola Asociación Saúde Mental A Mariña. Silvent tivo palabras de agradecemento para o colectivo: “por querer estar presentes nesta cita tan importante para o deporte ribadense. Grazas tamén a todo o voluntariado co que contaremos, á Policía Local, a Protección Civil… todos xuntos faremos que, un ano máis, a San Silvestre de Ribadeo sexa un éxito de participación e de organización”.
A XXXV San Silvestre está organizada polo Concello de Ribadeo. Colaboran: Gadis e Eroski.


