
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 18 de xaneiro, domingo, unha ruta no municipio coruñés de Ortigueira, concretamente polo tramo do Camiño Natural do Cantábrico desde o banco de Loiba ata o paseo marítimo de Espasante. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 15 de xaneiro. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.


