
A Comisión de Festas de Ribadeo organiza un cocido de Carnaval para o día 16 de febreiro, luns, ás 22:30 horas nunha carpa que se instalará no arque de San Francisco.
“O luns 16 de febreiro celebramos unha das noites máis esperadas do Carnaval ribadense. Entradas á venda en: Galipizza, Restaurante Marinero, Bar Nevada, Xardín e Viriato’s. Indicar número de persoas para a reserva de mesas a través das nosas redes sociais ou mediante o whatsapp da Comisión”, anuncian os organizadores.
A música correrá a cargo de Grupo D´Cano e The Sound Project.


