Ribadeo acollerá unha velada de boxeo o 7 de febreiro

Ribadeo acollerá o día 7 de febreiro, sábado, unha velada de boxeo: RibadeoBox I. Será no pavillón municipal a partires das 19:00 horas.

Desde a organización anuncian que “haberá combate profesional (6 asaltos de 3 minutos), 6 combates amateur, o trofeo RibadeoBox e grandes lendas convidadas do boxeo: Nino, Javier Castillejos, Rigo Álvarez (adestrador de Canelo Álvarez), Alfredo Evangelista e Berdonce”.

O prezo das entradas será de 15 euros para as cadeiras, 12 euros para as gradas e Vip 150 euros (por mesa e cinco cadeiras).

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do boxeo teñen unha cita con esta disciplina deportiva o vindeiro 7 de febreiro en Ribadeo cunha velada na que haberá combates profesionais e amateurs”.

O evento está organizado polo club BKC Planas Box co apoio do Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia e Deporte Galego.