Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño un campus de tecnificación de baloncesto

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.

A cita está organizada por Élite Sports Academy, The Basket Dream e CB Ría de Ribadeo. Colaboran: Concello de Ribadeo, Caja Rural de Asturias e Tukán.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “volve o Campus de Tecnificación de Baloncesto a Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais dalgunhas das ligas femininas e masculinas. A inscrición xa está aberta. As persoas interesadas poden facela a través de www.thebasketdream.com”. E engadiu: “Ribadeo é vila de baloncesto desde hai moitos anos, aquí respírase ambiente de baloncesto e este campus é unha oportunidade magnífica para as rapazas e os rapaces que aquí practican este deporte”.