
O Concello de Viveiro anuncia que o Conservatorio Profesional de Música de presenta a súa programación de actividades para o mes de marzo, con concertos e audicións abertas ao público que “amosan o talento do alumnado e o traballo das distintas especialidades”. Haberá actuacións os días 10, 20, 25 e 25 de marzo.
Para este martes, 10 de marzo, ás 20:30 horas está programado un concerto do grupo de cámara no salón de actos. O día 20 ás 19:00 horas haberá unha audición de clarinete. Para o 24 de marzo están previstas dúas actuacións: unha audición de saxofón na Aula 29 ás 18:30 horas e outra de vento metal no salón de actos ás 19:30 horas. E o día 25 de marzo haberá unha audición de guitarra eléctrica ás 17:30 horas na Aula 29.


