O Concello de Ribadeo amplía ata o 7 de abril o ciclo de charlas de saúde do programa Preto de ti

Este luns, 10 de marzo, tivo lugar na parroquia ribadense de Vilaselán a primeira charla de saúde do programa Preto de ti, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A xente achegouse a informarse e reflexionar sobre hábitos saudables, neste caso centrados no colesterol e, sobre todo, na prevención da saúde cardiovascular. As charlas, impartidas pola enfermeira María Roel, amplíanse para chegar a máis parroquias, neste caso a Vilaframil, onde terá lugar o 7 de abril. O 11 de marzo haberá charla en Ribadeo ás 18:00 horas; o día 12, ás 16:15 horas en Cedofeita; o 17 de marzo será na Devesa ás 10 da mañá; tamén o 17 en Arante ás 16:30 horas; en Cinxe o 23 de marzo ás 16:15 horas; e en Rinlo o día 24 ás 16:15 horas.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia en Ribadeo, Elena Sierra, anima á veciñanza a seguir asistindo ao resto de charlas nas parroquias “para aprender a coidarse no día a día e manter unha boa calidade de vida”. Pola súa banda, o alcalde, Dani Vega, insistiu na “importancia de continuar nesta liña, coidando a todos os veciños e veciñas de Ribadeo”.