
Foz ofrecerá Bocadiños di Cardinale este venres e este sábado, 27 e 28 de marzo. A cita está organizada por Acia Foz-CCA e na mesma participan 11 locais hostaleiros asociados.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indicou que “para darlle á benvida á Semana Santa organizamos esta nova cita gastronómica na que poderemos saborear as interesantes propostas que van ofrecer os once locais hostaleiros participantes. Son tapas deliciosas baseadas na cociña dos Cardeais. Agardamos que a proposta guste”.
Os Bocadiños di Cardinale poderán degustarte o venres pola noite e o sábado a mediodía e tamén pola noite en A Funcional, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Cafetería Leytón, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Mexideli, Tangarte e Xoyma.
Paleo engadiu: “animamos a veciños e visitantes a gozar desta nova proposta da nosa hostalería. A actividade non vai parar ao longo da vindeira Semana Santa. Temos máis propostas na nosa axenda para o comercio e para a hostalería”.
Os Bocadiños di Cardinale están organizados por Acia Foz-CCA coa colaboración de Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.


