O I Torneo das Catedrais de fútbol sala na categoría benxamín terá lugar en Ribadeo o 2 de abril

O día 2 de abril, xoves, terá lugar en Ribadeo o I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala na categoría benxamín. A cita, que se disputará no pavillón municipal, reunirá ao Ribadeo FS, ao Vilalba FS e ao Fonte do Rei.

O concelleiro de Deportes en Ribadeo, Francisco José Silvent, explicou que “serán arredor de 40 xogadores benxamíns os que participen neste I Torneo das Catedrais, como di o lema, o templo onde nacen os campións”. O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, Xogade, Xunta de Galicia e Deporte Galego. O edil ribadense animou “a pasar un Xoves Santo diferente gozando do fútbol sala, desas futuras promesas que seguro que chegarán lonxe nun futuro próximo. Desexámoslles a que gocen do torneo e do seu paso por Ribadeo”.