O III Festival do Guioncho celébrase en San Ciprián (Cervo) este mércores, 1 de abril

A terceira edición do Festival do Guioncho celébrase na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) este mércores, día 1 de abril.

Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Lieiro, que anuncia: “xa está aquí o III Festival do Guioncho! O mércores 1 de abril na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo). Prepárate para unha noite inesquecible con El Combo Dominicano e a xira WAYKAS Survivor Tour, ademais de DJ Pablo Conxuro poñendo o ritmo ata que o corpo aguante!”.

A entrada en venda anticipada ten un prezo de 10  euros e 12 euros en taquilla. A apertura de portas será ás 22:30 horas. Haberá servizo de autobuses e recinto con carpa.