Ribadeo acolle o espectáculo infantil “Dedín, dedín, dedal” este domingo, 26 de abril

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.

O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.