Ribadeo acolle esta fin de semana, do 26 ao 28 de xuño, a 12+1 concentración de motos, organizada por Al Corte

Ribadeo acolle esta fin de semana a 12+1 concentración de motos, organizada polo Motoclub Al Corte. O evento ten lugar no aparcadoiro da rúa Daniel Cortezón entre este venres 26 e o domingo 28 de xuño.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “tras seis anos de espera os motores volverán soar nas nosas rúas. Esta fin de semana teremos en Ribadeo a 12+1 concentración de motos, organizada por Motoclub Al Corte”.

A edil ribadense dixo que “este parón de seis anos serviu para volver con moita ilusión e con moitas ganas e agardamos reunir a moteros e moteras de diferentes lugares. Contaremos cun calendario cheo de actividades para compartir: rutas turísticas, música en directo, exhibicións e unha exquisita gastronomía”. E engadiu: “xa sabes, teñas moto ou non, ven pasalo ben con Motoclub Al Corte”.